Leticia Rey

A cantautora galega Leticia Rey estrea “Baleiro”

Compartir

Leticia Rey acaba de presentar o seu primeiro single en galego: “Baleiro”. O tema conta coa participación de Iago Mouriño no piano e a súa sonoridade móvese entre o bolero e o fado. A artista explicou que o tema fala do sentimento de frustración, e que foi escrito nun momento moi duro da súa vida.

En palabras de Leticia Rey: “Esta canción é unha aperta de comprensión a eses buracos internos que todxs temos. ‘Baleiro’ non é redención; expresa ese sentimento de frustración asqueroso. Algún día escribirei un alivio para ese baleiro, seguro, e o ciclo deste demo si que se pechará para sempre.”

Non esperes máis a descubrir como soa “Baleiro”: