carla lourdes

Carla Lourdes estrea single: “Mil Hortensias”

Compartir

A cantautora galega Carla Lourdes acaba de estrear novo single: “Mil Hortensias”, un tema adicado á súa nai que fala dos recordos dun ser querido que xa non está.

En palabras da propia artista: “Mil hortensias é un espazo creado para recordar sen que doia, para querer a pesar da distancia e para non esquecer nunca que ata dos momentos máis difíciles podemos florecer, pero sobre todo é unha canción adicada a ti, mami, sabedes que ela cheaba a casa de hortensias e eu so quero seguir esparcíndoas con vos “.

A emotiva canción está producida por Raúl Ben e conta coa participación de Rubén Iglesias ao baixo, Gonzalo Campanella nas guitarras e Jose Bruno na percusión.

A portada é unha creación da diseñadora gráfica Clara Moro e a fotografía de Yaiza C.H.

Non esperes máis a descubrir “Mil Hortensias”: