Carolina Rubirosa

Carolina Rubirosa estrea o videoclip de “Here And Now”

Compartir

Carolina Rubirosa acaba de presentar o videoclip de “Here And Now”, tema extraído do seu último disco, “Tierra de Nadie”  producido por Juan de Dios Martín.

O videoclip é 100% feminino, e é que está realizado por Aqueladas e dirixido por Iria Iglesias e a propia Carolina Rubirosa. A técnica empregada na edición é a da dobre exposición, e combina as imaxes das bailarinas Sabela Domínguez e Julia Laport con tomas da cidade de A Coruña.

A artista explicou así a intención do clip: “Conectar unha historia emocional e indubidablemente persoal, ao espazo físico no que se desenvolve, fundamental en como se desencadean este tipo de historias. Unha cidade como testemuña do contacto de dúas almas, de como se funden, unen os seus camiños, os seus lugares de introspección… Todas aquelas sensacións e sentimentos compartidos intrinsecamente cun lugar, ao que quedan vinculadas esas vivencias para sempre.”

Descubre xa o videoclip de “Here And Now”!: