A escena feminina emerxente


O concepto “emerxente” é moi ambiguo, e pode entenderse e aplicarse de diversas maneiras, pero o certo é que actualmente existe unha nova xeración de bandas e artistas femininas que chegan pisando forte, creando propostas renovadas, e reclamando un espazo que lles pertence dentro dun panorama musical de difícil acceso. Outras, presentes na nosa lista de 2019, forman parte da escena desde hai anos, e continúan abríndose camiño a medida que transcorre o tempo. Pero o que sen dúbida teñen en común todas as propostas é o transfondo do talento.