laboratorios

A Fundación SGAE lanza nova convocatoria de Laboratorios de Creación para música, artes escénicas e guión

Compartir

A Fundación SGAE lanzou xa a nova convocatoria dos Laboratorios de Creación para música, artes escénicas e guión.  Hai dúas prazas para músicas, unha para dramaturga e dúas para guionistas ou directores con proxectos de ficción.

Os proxectos seleccionados obterán unha semana de traballo intensivo presencial en Santiago de Compostela e outra de encontros telemáticos con tutorías individuais e colectivas. Gozarán ademáis duha bolsa de traballo de 1500€ + gastos incluidos.

Os laboratorios realizaranse entre decembro de 2022 e marzo de 2023.

As músicas aspirantes deberán presentar o seu proxecto individual de creación de mínimo tres obras musicais orixinais e actuais.

As inscricións péchanse este próximo día 9 de novembro, así que bule e descarga as bases!