Cantometrics

Cantometrics, a banda de Marina Vigo (mentorizada de Descúbreas II), finalista aos Premios Xuventude Crea

Compartir

Cantometrics, a banda de Marina Vigo (unha das mozas mentorizadas da II Edición de Descúbreas), é finalista ao Premios Galicia Crea na categoría de música.

Os premios recoñecen aos proxectos creativos realizados por mozas e mozos galeg@s ou residentes en Galicia de entre 16 e 30 anos enn diferentes disciplinas como a música, as artes plásticas a banda deseñada, a poesía ou a fotografía, entre outras.

Será este próximo domingo 6 de novembro na Sala Playa Club de A Coruña a partir das 17h cando coñezamos os nomes dos proxectos gañadores.

Dende Descúbreas desexámoslle moita sorte a Marina e Cantometrics!

XUVENTUDE CREA

Descúbreas é un proxecto de apoio e impulso ao talento musical feminino promovido pola Deputación de Pontevedra, que cada ano acompaña a 8 rapazas seleccionadas por un xurado profesional a través dunha convocatoria pública nos seus primeiros pasos na música, por medio dun programa de mentoring no que teñen acceso a mentorías con mulleres referentes da industria musical, a gravación dun tema propio nun estudio profesional e a realización dun videoclip.

Descubre “Chifro”, a canción e videoclip de Cantometrics realizados durante o programa de mentoring de Descúbreas: