Sara

Sara Sanmartín, mentorizada da I Edición de Descúbreas, lanza o seu terceiro single

Compartir

Sara Sanmartín, unha das mozas mentorizadas da I Edición de Descúbreas, acaba de lanzar o seu novo e terceiro single.

“Esta por nosotras” é unha bailable canción de empoderammento tras un desamor composta por Sara e producida, mezclada e masterizada por Sete Sousa. O videoclip foi gravado e editado pola propia artista, quen tamén o protagoniza xunto a Sheila R. Moldes.

O tema chega soamente un mes despois da publicación de “Aitana”, o segundo sinxelo de Sara dedicado á súa mellor amiga. Deixámosche ao final deste post o clip de Aitana xunto a “20 Veces Más”, a canción e videoclip producidos polo programa Descúbreas.

Descúbreas é un proxecto de apoio e impulso ao talento musical feminino promovido pola Deputación de Pontevedra, que cada ano acompaña a 8 rapazas seleccionadas por un xurado profesional a través dunha convocatoria pública nos seus primeiros pasos na música, por medio dun programa de mentoring no que teñen acceso a mentorías con mulleres referentes da industria musical, a gravación dun tema propio nun estudio profesional e a realización dun videoclip.