Samudra

Samudra Trío lanza o videoclip de “Nemetanos: III. Muiñeira”

Compartir

Samudra Trío, a formación capitaneada por Laura, Jimena e Yamini recentemente gañadora do Premio Martín Códax da Música na categoría “Música Clásica/Contemporánea”, acaba de presentar o videoclip de “Nemetanos: III. Muiñeira”, o segundo avance do que será o seu disco debut.

O single corresponde a unha composición de Rogelio Groba, e foi gravado e masterizado por Brais González.

O seu elegante videoclip en b/n está realizado por Cristina Padín.

Descúbreo xa!