allova

Allova comparte o remix de Empty Files do seu tema “Get Away”

Compartir

A artista galego – rusa Allova compartiu o remix do seu tema “Get Away” realizado por “Empty Files”, quenes xa colaboraron con ela no seu disco “Hope & Despair”.

O seu inquietante videoclip foi rodado na Coruña por Alberto Castaño, e está dirixido e protagonizado pola propia artista nunha especie de escura “viaxe” que comeza no pasillo dun hotel e que remata coma unha completa liberación.

Non o perdas!