Voces

Voces Femeninas Estrella Galicia lanza o cartaz da súa nova edición

Compartir

O Festival “Voces Femeninas Son Estrella de Galicia” acaba de compartir o cartaz da súa nova edición.

O Teatro Principal de Ourense albergará o próximo 24 de novembro os directos de tres mulleres : A británica Naima Bock, que estará presentando os temas do seu álbum debut “Giant Palm”, o indie /folk de Marta Knight, que presentará tamén o seu novo disco “Strange Times Forever”, e a cantautora catalá Maria Rodés, que conta cunha amplia traxectoria na música e 6 álbumes editados.

As entradas xa están á venda a un prezo de 14€ anticipada e 18€ taquilla en Ataquilla.

Voces Femeninas surxiu no ano 2008 a modo de espazo no que dar cabida a grandes intérpretes e compositoras de todo o  mundo. Nos seus quince anos de traxectoria contou co talento de artistas coma Shannon Lay, Marem Ladson, Alondra Bentley ou Ólöf Arnalds.

 
 
voces
Cartaz oficial Voces Femeninas Son Estrella Galicia