Antia Muiño

Antía Muiño lanza “Nunha Estrela”, último adianto do seu disco debut

Compartir

A cantautora galega recentemente galardoada cun Premio Martín Códax da Música, Antía Muiño, acaba de publicar “Nunha Estrela”, un novo sinxelo e último adianto do seu disco debut “Carta Aberta” que verá a la luz este próximo 24 de novembro.

O tema, cuxa letra é unha adaptación dun poema de Carvalho Calero,  foi gravado e mesturado por Gorka Urra en Lezoti Estudioa e conta coa participación de Nerea Quincoce na percusión e Miguel Arribas nos teclados.

A artista acompañou o lanzamento do sinxelo nas súas redes sociai con fragmentos da letra: “Viver non podes nunha estrela á parte. Está nunha galaxia a túa estrela, está nunha abadía a túa cela”.

Escóitaa xa!