Cantometrics

Cantometrics, a banda de Marina Vigo (mentorizada de Descúbreas II) acada o 3º Premio do Xuventude Crea

Compartir

Cantometrics, a banda de Marina Vigo (unha das mozas mentorizadas da II Edición de Descúbreas), acadou o 3º Premio Xuventude Crea na categoría de música na final celebrada este pasado domingo 6 de novembro na Coruña e onde interpretaron os temas “Maios” e “Manuel do Campo” .Parabéns!

O primeiro premio foi para “Faíscas”, o grupo formado por Lara Álvarez e Brais Fernández Pombo, e o segundo premio foi caer a mans de Iria Vilas Iglesias.

Os premios Xuventude Crea recoñecen aos proxectos creativos realizados por mozas e mozos galeg@s ou residentes en Galicia de entre 16 e 30 anos enn diferentes disciplinas como a música, as artes plásticas a banda deseñada, a poesía ou a fotografía, entre outras. Este ano presentáronse un total de 350 artistas e 280 obras.

Descúbreas é un proxecto de apoio e impulso ao talento musical feminino promovido pola Deputación de Pontevedra, que cada ano acompaña a 8 rapazas seleccionadas por un xurado profesional a través dunha convocatoria pública nos seus primeiros pasos na música, por medio dun programa de mentoring no que teñen acceso a mentorías con mulleres referentes da industria musical, a gravación dun tema propio nun estudio profesional e a realización dun videoclip.

Descubre “Chifro”, a canción e videoclip de Cantometrics realizados durante o programa de mentoring de Descúbreas: