depocrea

Ane Swan, Sara Casas e Caro, mentorizadas de Descúbreas, actuarán na Gala de Clausura do Depocrea

Compartir

Este próximo sábado 12 de novembro no Náutico de San Vicente do Grove ás 12.00h terá lugar a Gala de Clausura do Depocrea, o programa de residencias artísticas vinculadas ao territorio da Deputación de Pontevedra en colaboración co Náutico de San Vicente.

Na gala actuarán tres das mozas mentorizadas da II Edición de Descúbreas: Ane Swan, Sara Casas e Caro, que presentarán en directo, entre outros, os temas producidos polo programa Descúbreas.

Durante a gala @s 6 artistas do programa Depocrea presentarán as creacións levadas a cabo durante a súa residencia. El@s son Carla Andrade, Yolanda Ríos, Macarena Montesinos, Pablo Barreiro, Diego Vites e Olmo Blanco.

O evento é aberto ao público con entrada libre ata completar aforo. Para asistir escribe a participa.cultura@depo.es

Descúbreas é un proxecto de apoio e impulso ao talento musical feminino promovido pola Deputación de Pontevedra, que cada ano acompaña a 8 rapazas seleccionadas por un xurado profesional a través dunha convocatoria pública nos seus primeiros pasos na música, por medio dun programa de mentoring no que teñen acceso a mentorías con mulleres referentes da industria musical, a gravación dun tema propio nun estudio profesional e a realización dun videoclip.

Descubre aquí ás 3 mentorizadas que actuarán este sábado no Náutico de San Vicente: 

Con 16 anos, Ane Swan é a artista máis nova da II edición de Descúbreas Mentoring. Natural de Cangas do Morrazo, estudou música e canto na escola municipal da súa cidade, no conservatorio e na Escola As Lembranzas.

Cun estilo americano marcado pola influencia de artistas como Ariana Grande, Taylor Swift e Dove Cameron e unha mestura pop-rock, “Queen Among Shadows” o seu primeiro single, é unha canción de empoderamento que reúne os elementos necesarios para aumentar a confianza nunha mesma.
 

Sara Casas Lago é cantautora á vez que artista plástica e fotógrafa. Empeza a súa rodaxe musical en Galicia e as súas primeiras actuacións en Lisboa e Reino Unido, onde tocou en solitario e con grupos que formou con varias músicas de diferentes orixes, en diferentes salas e locais e algún festival da cidade de Birmingham e Wolverhampton. Realizou talleres musicais e de arte plástica con crianzas e mulleres en contexto de violencia de xénero. Sara ten un estilo propio e íntimo que sae do corazón.

Caro é o nome artístico e o proxecto persoal de Carolina Vázquez Lemos, unha cantautora viguesa que presenta as súas prometedoras composicións asentadas sobre a calidez dunha voz que nos recorda a artistas do calado de Morgan, Billie Eilish ou Olivia Rodrigo.

“Despiértate”, o seu single de lanzamento, convírtese nunha clara mostra da súa  versatilidade compositiva. O tema trata as inseguridades dunha adolescente ante o plantexamento do seu futuro mais inmediato: seguir cara aos seus soños, ou bien ir a por o que chaman “o seguro”.