“Aire!” é o primeiro disco de Caamaño & Ameixeiras

Caamaño & Ameixeiras é un dúo formado por Sabela Caamaño e Antía Ameixeiras e fai pouco anunciaron a portada do seu primeiro disco, “Aire!”. Pero non só iso senón que tamén anunciaron a publicación dun primeiro videoclip e a colaboración de Silvia Pérez Cruz neste novo traballo.

Mentras esperamos por escoitar todo o disco desfrutemos deste primeiro adianto “Florencio”.