Inland Valley estrea o seu novo tema “Sleepless & Heartless”

Algunha vez sufriches tanto que acabaches sen sentir nada? Inland Valley sumérxenos, literalmente, de cheo na anhedonia co seu novo videoclip, “Sleepless & Heartless”.

Inland Valley é un grupo coruñés composto por Sandra Guedev (voz e teclado) e Robin Sar (guitarra) de estilo dream pop e dark pop. “Sleepless & Heartless” está acompañada dun videoclip, en formato cinematográfico, no que podemos descubrir unha obra de arte fusionando a música e as imaxes. Detrás de todo este traballo hai un gran equipo, podedes descubrilo no Instagram de Inland Valley.

Mentres esperemos ás seguintes novidades do grupo coruñés gocemos desta obra audiovisual e sonora que é “Sleepless & Heartless”.

Más artículos sobre...
Consultas en línea industria musical
Industria musical
Consultas en línea hazlo tú misma
Hazlo tú misma
Categoria miscelánea
Miscelánea