Alejandra Pais e o selo MaMMaMusic publican “O Teu Amor”

O selo MaMMaMusic presenta “O Teu Amor” interpretado por Alejandra Pais, cantante coruñesa coñecida por gañar a primeira edición de A Liga dos Cantantes Extraordinarios na TVG. A traxectoria musical de Alejandra Pais inclúe o traballo en diferentes orquestas da verbena galega como Ceniza, New York e Fania Blanco Show, ademáis da publicación de varios sinxelos en solitario.

“O Teu Amor” é unha balada en galego na que se fala da tristura que provoca a distancia do ser amado. A letra e música son obra do compositor galego Samuel Bugia, coñecido por varios traballos anteriores, como varias participacións en Concursos internacionais de Eurovision en Malta, Chipre, Lituania, Moldavia e Romania, e tamén a participación con diferentes artistas galegos no tema benéfico do pasado Nadal, “O Teu Nadal”, o último sinxelo de Tamara Pérez e varios traballos con Alejandra Pais. O arranxo instrumental foi feito polo productor coruñés Nacho Varela, mentres que a mistura, mastering e a edición do video están da man de Federico Asencio, director de MaMMaMusic.

O videoclip foi gravado na Biblioteca Casa Consulado de A Coruña, que data de principios do século XVIII, sendo a Biblioteca máis antiga en funcionamento de España, e un fermoso lugar para a creación do video.