Allova publica un novo videoclip do seu tema “Now as one”

“Now as one” é un dos temas que forman parte do álbum “Hope & Despair” de Allova. Xa podemos gozar dun novo videoclip deste tema.

O vídeo foi integramente gravado nun dos hoteis máis emblemáticos da Coruña, Hotel Finisterre. Contou co apoio do Concello da Coruña.

“Now as one” foi dirixido pola propia Allova e realizado por Alberto Castaño.