A Banda da Loba presenta o videoclip de “Darío a diario” con motivo das Letras Galegas 2021

O domingo, na véspera do Día das Letras Galegas dedicado este ano a Xela Arias, estrean o videoclip da canción baseada no seu poema “Darío a diario”, unha composición de amor de Xela polo seu fillo Darío convertida en canción e incluída no último disco da Banda da Loba, “Hasme Oír”, dedicado integramente a autora lucense.