Amparo publica ‘Cosas de Descartes’

Compartir

A nova cantautora Amparo publica ‘Cosas de Descartes’. A artista foi unha das oito elixidas polo programa Descúbreas Mentoring  promovido pola Deputación de Pontevedra. No marco deste programa, a moza puido gozar da bolsa con diferentes mentorías ofrecidas por profesionais da industria musical. Ademais, grazas a este programa tamén puido gravar e producir esta canción e videoclip.

A nova cantautora ten compostas unha decena de cancións, entre elas ‘Cousas de Descartes’ e espera gravar e publicar proximamente o seu primeiro álbum. Amparo recibiu formación musical e interpretativa desde nena. Participou en varios musicais e mesmo foi a responsable de dirixir a coreografía dalgunhas obras de teatro musical.