Ane Swan lanza o seu single debut

Compartir

Ane Swan é a artista máis nova desta edición de Descúbreas Mentoring. Con apenas 16 anos lanzou a súa carreira musical cun primeiro single gravado e producido no marco deste programa da Deputación de Pontevedra.

Cun estilo americano marcado pola influencia de artistas como Ariana Grande, Taylor Swift e Dove Cameron, e unha mestura Pop-Rock, “Queen among shadows” de Ane Swan, a moza cantante e compositora, é unha canción de empoderamento que reúne os elementos necesarios para aumentar a confianza nun mesmo. A nova artista convida a escoitala e a deixarse levar coa súa música.