“Song of the Lark and Other Far Memories” é o nome do boxset anunciou a artista estadounidense Angel Olsen.Publicarase o próximo 7 de maio da man de Jagjaguwar.
“All Mirrors” e “Whole New Mess” estarán incluídos neste boxset, pero tamén poderemos gozar dun novo LP, “Far Memory”. Ademais, poderemos gozar de material extra (gravacións inéditas, remesturas de Johnny Jewel e Mark Ronson, un libro con letras e fotografías inéditas…).
Mentres esperamos podemos gozar do novo single“It’s Every Season (Whole New Mess)”. O vídeo é obra de Conor Hagen e Michael Harris.