Elba Souto presenta o seu novo single “Todo guay”

Elba Souto é unha compositora e artista compostelá que nos trae o seu novo sinxelo “Todo guay”. Neste novo tema deixa de lado todas as situacións negativas do día a día para afrontalas dunha maneira positiva.

A canción “Todo guay” está escrita e producida por Elba Souto e misturada e masterizada por Coque Dosil nos Estudios Pasadena. O vídeo realizárono  Inma Veiga, Breogán Martínez Gómez e a propia Elba.

Queres escoitar esta nova canción e desfrutar do videoclip?