ariana

Ariana Grande e Kelly Clarkson estrean tema de Nadal

O Nadal achégase, e como de costume, os temas inspirados nesa época do ano comezan a aflorar. Un deles é “Santa, Can´ t You Hear Me”, unha panxoliña clásica interpretada agora por dúas das artistas máis relevantes da escena pop americana: Ariana Grande e Kelly Clarkson.
 
O tema forma parte do novo disco de Clarkson “When Christmas Comes Around”, que viu a luz este 15 de outubro. A artista explicou que o propósito deste álbum do Nadal é visibilizar que tod@ s atopámonos en diferentes estadios emocionais cando chega o Nadal: “Algúns cun novo amor, a outros nos lembra a algunha perda, outros están cheos de optimismo pola chegada do novo ano, outros están eufóricos por afastarse do caos que os nosos traballos poden traernos. Esteas onde esteas e esteas a experimentar o que esteas a experimentar, quixen que todo o mundo conecte coa mensaxe deste álbum”.
 
Escoita xa como soa “Santa, Can´ t You Hear Me”: