astrogirl

Astrogirl publica novo disco: “Portales”

A cantautora galega Astrogirl acaba de publicar “Portales”, o seu segundo álbum de estudio. Guille Mostaza foi responsable da produción do álbum, gravado no estudo Alamo Shock e concibido como un disco conceptual que viaxa a través de diversas pasaxes sonoras de corte folk, rock ou dreampop, entre outros estilos.

En palabras da artista este disco é “unha viaxe cara á procura da autenticidade”. A deseñadora gráfica Agostiña Shuan deseñou o artwork do álbum, que inclúe 10 postais, cada unha delas correspondente a unha canción do disco. 

Escoita xa como soa “Portales”: