Astrogirl estrea o seu novo single “Criaturas del desierto”

Astrogirl estrea o videoclip do seu novo single “Criaturas del desierto”, realizado por Olalla Ferga (Ferga’s Project) coa participación de Alba Felpete e Irene Sisto como bailarinas e coreógrafas

“Criaturas del desierto” é o avance do seu vindeiro L.P.: “Portales”, que sairá á venda en setembro. O clip foi grabado en abril deste 2021 nas dunas da Praia de Miño e reflexa a danza entre dúas edades dunha mesma muller, unha chamando á outra e atopándose cara a cara con toda a profundidade que implica ese encontro. Simboliza o compromiso coa búsqueda da verdade interna, a fidelidade á propia identidade e a liberación das imposicións externas. É un ritual de toma de poder a través da danza, a música e os ritos de paso.

Musicalmente o tema mistura sons actuais con guitarras eléctricas potentes e ritmos tradicionais do folklore galego para crear un ambiente trance atávico que evoque eses rituais e esa chamada interior que pretende espertar.

Actualmente “Criaturas del desierto” é finalista no concurso “Sonidos Mans”, á espera de coñecer o fallo do xurado que outorga os premios.

 
Más artículos sobre...
Consultas en línea industria musical
Industria musical
Consultas en línea hazlo tú misma
Hazlo tú misma
Categoria miscelánea
Miscelánea