Carla Green & The Demons presenta o seu novo tema “¿Para qué?”

Carla Green & The Demons fórmase en Santiago de Compostela na primavera do 2017 coa intención de levar aos escenarios o mellor soul dos anos 60 e 70. Conta cun repertorio baseado en clásicos de artistas como Otis Redding ou Etta James, mais non descartan o soul e o funk latino como podemos escoitar nesta nova entrega, neste novo vídeo, sacado do forno o pasado 6 de xuño. 

“¿Para qué?” foi grabado en directo como facían antigamente en sellos como Chess o Stax: todos xuntos, creando a sinerxía necesaria para ser o máis fieis posible ao que podemos atopar se imos a velos nun escenario. Queren transmitir: «somos así e sonamos así». Se vedes o vídeo, tamén podedes ver como tamén quixeron ser fieis e coherentes co estilo e manteñen unha clara estética setentera. A grabación foi na Cortina Roja Estudios a cargo de Fernando Mejuto e a grabación e montaxe da imaxe estivo nas mans de Pablo Goluboff.

O ano pasado, no medio dunha pandemia mundial, son galardoados co Premio Martín Códax da Música na categoría de Blues/funk/soul e con este vídeo demostran que seguen loitando.