Decenas de abrazos no novo videoclip de Silvia Penide coa colaboración de Víctor Manuel no tema “El efecto boomerang”.
Emocionante, esa é a palabra que mellor define o novo videoclip de Silvia Penide, na canción na que colabora Víctor Manuel, e que contou coa edición e montaxe da videocreadora Lara Capeáns. Foron decenas de vídeos recibidos desde Turquía, Bélxica, México e múltiples lugares de España e de Galicia para acompañar a esta canción que fala das despedidas cando non queremos despedirnos.
Abrazos a seres queridos: desde irmáns, a fillos, parellas, nais a mascotas, a obxectos como a guitarra de Álvaro Ruiz, compositor sevillano e guitarrista da banda do Kanka, visibilización da diversidade coa bandeira LGTB desde un balcón coruñés… todo iso ten cabida nesta peza audiovisual que está pensada para lembrarnos a importancia deses abrazos que estiveron prohibidos e que xa por fin vanse recuperando.
Xa está dispoñible na canle de Youtube de Silvia Penide e poderá verse en diversas canles de televisión en datas próximas. Silvia Penide continuará este verán presentando o disco que contén a canción titulado “Los días de plomo”, acompañadas polas mellores cancións do seu xa oito discos editados cos que gañou dous Premios Martín Codax da Musica galega.