BEYONCE

Beyoncé estrea “Be Alive”, BSO da película “King Richards”

Unha das voces femininas máis poderosas da escena internacional, Beyoncé, por fin está de volta. A artista compartiu o tema “Be Alive”, unha canción sobre a superación que formará parte da banda sonora da película ‘King Richard’, un filme dirixido por Reinaldo Marcus Green e e protagonizada por Will Smith que narra a historia de Richard Williams, pai das tenistas profesionais Venus e Serena Williams.
 
Will Smith declarou sobre o lanzamento: “A unión dunha película e unha canción é unha especie de maxia que non ten parangón no mundo do espectáculo”. Pola súa banda, Beyoncé declarou estar a preparar xa o seu novo disco: “Con todo o illamento e a inxustiza do último ano, creo que todos estamos listos para escapar, viaxar, amar e rir de novo. Sinto que está a xurdir un renacemento, e quero formar parte de alimentar esa evasión de calquera xeito posible. Levo un ano e medio no estudo”.
 
“King Richard” estrearase este próximo 19 de novembro, e mentres, xa podes gozar do lyric vídeo oficial de “Be Alive” con imaxes da película: