Billie Eilish e Rosalía cantan xuntas e en castelán.

Desde a primeira vez que vimos unha foto de Rosalía e Billie Eilish xuntas esperábase algunha colaboración entre elas. A espera concluíu co tema Lo vas a olvidar que será parte da BSO da segunda tempada de Euphoria. Estrearase este sábado 23 xaneiro en HBO España co episodio especial dedicado a Jules (Hunter Schafer).

Lo vas a olvidar mestura ambos os estilos das artistas. Unha atmosfera tanto na canción como no videoclip que nos leva á tristeza e a angustia. Ademais, Billie Eilish canta en español o cal xerou máis expectación.