Music Equality

BIME presenta a programación do Music Equality Forum

Compartir

BIME, o encontro anual referente sobre industria musical que se celebra cada ano en Bilbao con charlas, conferencias, mesas redondas e concertos acaba de desvelar a programación do Music Equality Forum, o seu compromiso pola igualdade e inclusividade na música no que Descúbreas é colaboradora.

Os próximos días 26 e 27 de outubro o Music Equality Forum será un punto de encontro para discutir, dar visibilidade e buscar solucións para lograr una industria musical máis inclusiva a través dunha extensa e diversa programación na que falarase de igualdade de xénero, cooperación, impulso de perfís profesionais e charlas con mulleres referentes da industria como Rebeca León ou Neneh Cherry.

Aquí podes ver desgranada a programación do Music Equality Forum:

26 DE OUTUBRO

  •  QUERO A NOITE: ESPAZOS MUSICAIS LIBRES DE SEXISMO

  • CÓMO PROSPERAR COMO MINORÍA NA INDUSTRIA MUSICAL

  • FOLLA DE RUTA PARA IMPULSAR UNHA CERTIFICACIÓN DE IGUALDADE DE XÉNERO EMPRESARIAL NA INDUSTRIA MUSICAL

 

  • UNHA CONVERSACIÓN CON… NENEH CHERRY E TYSON
BIME 1
Programación 26 de outubro

27 DE OUTUBRO

  •  UNHA CONVERSACIÓN CON… REBECA LEÓN

  • SORORITY MUSIC MAP: MAPEO, DESFÍOS E PROPOSTAS DE FUTURO PARA AS ASOCIACIÓNS QUE LOITAN POLA EQUIDADE DE XÉNERO

  • PREMIOS BIME EQUIT
BIME 2
Programación 27 de outubro

BIME celebra este ano o seu 10º aniversario cunha programación que reunirá ás máximas representantes da industria musical a través do seu congreso e o seu programa de concertos. Espérase a asistencia de máis de 4.500 profesionais que representarán a 1.500 empresas de máis de 50 países.

Podes ver toda a información accedendo á súa web oficial. Preme no botón: