Bime

Descubre a programación completa de concertos do BIME 2022

Compartir

O Bilbao Music Experience (BIME), o encontro anual referente sobre industria musical que cada ano se celebra en Bilbao, festexa este 2022 o seu décimo aniversario e inundará a cidade de música en directo con máis de 60 concertos.

Entre os próximos 26 e 29 de outubro a programación de BIME LIVE ofrecerá máis de 60 conciertos gratuitos en salas e espazos públicos de toda a cidade, como a Sala BBK, Stage Live, Kafe Antzokia, a Plaza de Indautxu ou o Parque de Doña Casilda.

As artistas galegas dani e Magia Bruta forman parte do cartel de concertos, onde tamén poderemos disfrutar do talento de mulleres coma Rosario La Tremendita, Brenda Navarrete, Anna Majidson ou Sandra Monfort.

Un total de 15 escenarios albergarán os directos de artistas chegadas dende países como Alemania, Cuba, Francia, Colombia, Austria, Chile, Arxentina, Polonia ou Portugal, e no que confluirá unha gran diversidade de estilos musicais, dende o trap ou o reggae, pasando polo flamenco, o pop ou o R&B ata o hardcore ou o hyperpop.

Cartel-Live-BIme

Aquí podes ver a programación de concertos por días, horas e espazos!:

bime
bime
bime