Broken peach

Broken Peach estrea o videoclip de “This Is Halloween (Halloween Special Live)”

Broken Peach non podía faltar á terrorífica cita anual de Samaín. Fai un par de semanas a banda lanzaba o videoclip de “Tainted Love”, un tema composto por Ed Cobb e popularizado polo dúo británico Soft Cell nos 80. O vídeo foi rodado en O Vello Cárcere de Lugo e a día de hoxe roza o millón de visualizacións en Youtube.
Agora é a quenda de “This Is Halloween (Halloween Special Live), un tema composto por Danny Elfman para a película “The Nightmare Before Christmas” dirixida por Henry Selickl.
 
Broken Peach lanzaron hai 6 anos a súa particular cover do tema, logrando case 7 millóns de visualizacións e conquistando o corazón de moit@s fans de Tim Burton. Agora estrean esta versión en directo con estética branco e negro.
 
Non cha perdas!
 
Más artículos sobre...
Consultas en línea industria musical
Industria musical
Consultas en línea hazlo tú misma
Hazlo tú misma
Categoria miscelánea
Miscelánea