eva b

Eva B desvela detalles do seu disco debut e presenta teaser de “Cero”

A artista galega Eva B lanzará o seu disco debut, “Cero”, o próximo 5 de novembro. A artista explicou nas súas redes sociais a súa inspiración á hora de dar título ao álbum: “A mediados dos 90 o meu pai facía música numerada, non lle gustaba poñerlle nomes ás cancións. Atopei o minidsc aos 14 anos, reproducímolo tombados na cama e saltou a canción 0, choramos. Desde aquel momento, a palabra CERO cobra un significado inmenso para o meu.”
 
O álbum estará formado por 12 temas nos que se inclúen as colaboracións de Leo Rizzi en “Ya No Hay Nous”, un single que descubrimos hai algunhas semanas, e as de Roy Bornald, Donel e Domingo Ondiz. Non te perdas o teaser do videoclip de “Cero”, unha orixinal sesión de fotos para unha orla de gradación: