Canta importancia teñen os dereitos de autor?

A música é marabillosa e compoñer unha canción na que expreses todo aquilo que non podes facer doutra maneira parece que consegue extrapolarte a outro lugar.

Sen darte conta, ou facéndoo a conciencia, podes usar fragmentos de cancións doutros artistas porque son importantes para ti, porque queres renderlles unha homenaxe ou simplemente porque quedan ben na túa canción. Neste momento entran os dereitos de autor e propiedade intelectual dos cales tes que ter coidado. É verdade que artistas a grande escala non miran se alguén usa fragmentos das súas cancións ou as letras para crear algo, pero si podes ter problemas para subilo a redes sociais ou plataformas.

Poñémosvos un exemplo a grande escale que pasou fai pouco. Nicky Minaj tivo que pagar 370.000€ a Tracy Chapman polo uso dun fragmento dunha das súas cancións por non pedir autorización previa. A noticia completa podédela atopar en El PaísMondo Sonoro

Este tema falarase nos videotutoriales de Descúbreas nas próximas semanas.