Carla Lourdes

Carla Lourdes estrea novo single: “Harta de Fingir”

Carla Lourdes acaba de estrear “Harta de Fingir”, un delicado novo single producido por Raúl Ben Rodríguez. O tema é un adianto do próximo traballo da artista galega de adopción.

Este novo EP será conceptual e  conterá 5 temas que versarán sobre o amor, e no que cada canción estará relacionada cunha flor.

Así, “Harta de Fingir” está vinculada á flor de papel, caracterizada pola súa fraxilidade. O tema fala da sinceridade cun@ mism@, e con como os sentimentos permanecen no noso interior aínda que tentemos finxir que non é así.

Descubre xa como soa!: