danicostas

dani estrena o seu novo videoclip “Hoguera Existencial”

dani (en minúsculas) é unha cantante e compositora nada en Vigo. Naceu no seo dunha familia moi musical polo que o talento xa lle vén no sangue. Os seus pais son Rosa Costas e Silvino, dous dos membros de Aerolíneas Federales e é sobriña de Miguel Costas (Siniestro Total).

Este 29 de xaneiro estreou o seu videoclip Hoguera Existencial que é parte do seu disco Veinte (2020). Deixámosvos por aquí o videoclip para que gocedes tanto da canción e da parte visual.

A foto de portada e o videoclip foi realizado por Silvia Coca.