Silvia Pérez Cruz gaña o Premio Lumière 2021 pola música de “Josep”

O ilustrador Aurel creou a película de animación franco-española Josep. Esta foi premiada pola Academia dos Lumières en dúas categorías, mellor película animada e mellor música. Na parte de mellor música o premio foi para a súa creadora, Silvia Pérez Cruz.

A película é unha adaptación animada do exilio e vida do pianista barcelonés Josep Bartolí durante a Guerra Civil e a Segunda Guerra Mundial na que Silvia Pérez Cruz ponlle voz a varios personaxes femininos e é a creadora da música orixinal do filme.

Todas las madres del mundo, é a canción principal da película e é parte o novo traballo da artista catalá, Farsa (género imposible)

Fonte: Agencia Efe