Promusicae e AGEDI publican a lista dos discos máis vendidos en España no 2020

Promusicae e AGEDI publicaron a lista dos 100 discos máis vendidos no 2020. Nos 10 primeros postos atopamos a:

  1. Bad Bunny con YHLQMDLG
  2. David Bisbal con En tus planes
  3. Pablo Alborán con Vértigo
  4. Anuel AA con Emmanuel
  5. J Balvin con Colores
  6. Dani Martín con Lo que me dé la gana
  7. Manuel Carrasco con La cruz del mapa
  8. Beret con Prisma
  9. Tributo a Sabina con Ni tan joven ni tan viejo
  10. Harry Styles con Fine Line

Onde están as mulleres na lista? Temos que baixar ata o posto número 15 para atopar o primeiro disco máis vendido dunha artista, neste caso  Siete Veces de Vanesa Martin.

Non todas as noticias son tan desoladoras. Promusicae tamén publica cada semana os álbums e vinilos máis vendidos, entre outros apartados. No apartado de álbums do 15.1.2021 – 21.1.2021 o máis vendido foi 11 Razones de Aitana e o vinilo máis vendido El Mal Querer de Rosalía

Quen son Promusicae e AGEDI?

Productores de Música de España (Promusicae) é unha asociación que representa á industria discográfica de España. Entre os seus obxectivos está defender os intereses dos produtores e distribuidores de fonogramas e videogramas asociados.

AGEDI (Asociación de Gestión de Derechos Intelectuales-Derechos de Propiedad Intelectual) é unha asociación constituída polos produtores fonográficos españois para xestionar de forma colectiva o dereito de comunicación pública e o de reprodución para a devandita comunicación pública, das súas fonogramas e vídeos musicais, segundo o establecido pola Lei de Propiedade Intelectual.