Depocreaok

Así foi o acto de clausura do Depocrea con Ane Swan, Sara Casas e Caro, mentorizadas de Descúbreas

Compartir

Este pasado sábado 12 de novembro celebrouse no Náutico de San Vicente do Grove o acto de clausura do Programa de Residencias Artísticas da Deputación de Pontevedra Depocrea, no que @s seis artistas seleccionad@s expoñeron os avances das pezas que crearon durante os intensos 15 días da residencia. 

Pablo Barreiro, Macarena Montesinos, Diego Vites, Carla Andrade, Yolanda Ríos e Olmo Blanco amosaron ao público os avances de obras que abarcan dende a pintura ata a fotografía pasando pola composición musical ou as artes plásticas.

Durante o acto, a Deputada de Cultura, Vitoria Alonso, puxo en valor o programa: “Con este programa quixemos apoiar ás e aos creadores e creadoras e incentivar a innovación para propiciar proxectos con olladas diferentes, que permitan desestacionalizar lugares turísticos cunha poboación local permanente máis escasa e que recollan e actualicen a memoria cultural, social, etnográfica e histórica da provincia, co fin de manter vivo o noso patrimonio intanxible”.

Artistas
Dous artistas do Depocrea, explicando o proceso das súas obras

O acto contou coas actuacións en directo de tres das rapazas mentorizadas da II Edición de Descúbreas: Ane Swan, Caro e Sara Casas, quenes interpretaron os temas que produciron durante o programa de mentoring, ademáis de versións moi persoais doutras cancións de estilos tan variados coma o bolero ou o pop.

depocrea
A equipa de Descúbreas xunto a Sara Casas, Ane Swan e Caro

Moi pronto publicaremos o video resumo do evento. Estate atenta á nosa web e redes sociais!

caro
Caro, nun momento da súa interpretación
anne swan
Ane Swan, durante o seu directo
Sara
Sara Casas deleitounos coa súa música