SILA LUA

Sila Lúa lanza o seu disco debut “Rompe”

Compartir

A artista galega de música urbana Sila Lua acaba de lanzar o seu álbum debut “Rompe” nas principais plataformas dixitais.

O disco, creado a modo conceptual, está formado por 11 temas cada un dos cales representa un caderno de bitácora dunha viaxe marítima e iniciática. Contou coa produción de diversos produtores, entre eles Mumbai Moon, e mestura música urbana, electrónica e pop.

A música de Sila Lúa acadou grande visibilidade cando dous dos seus temas foron incluidos na BSO da serie de Netflix “Élite”, chegando a sumar máis dun millón de reproduccións en Spotify.

En “Rompe” atopamos tamén o tema “Tanta Vida”, canción orixinal da serie de Atresplayer Premium “La Edad de la Ira”, e un tema en galego: “Xoias Novas”

Descúbreo xa!