Novo obradoiro Descúbreas no Festival Vive Nigrán

Compartir

A maioría da xente non coñece a realidade de levar a cabo un festival musical. O certo é que non é doado xa que hai que facer fronte a moitos factores distintos. As artistas mentorizadas da segunda edición do programa Descúbreas Mentoring xunto a outras artistas puideron descubrir esta realidade nunha xornada aberta na que o Vive Nigrán nos abriu as súas portas para coñecer as súas reviravoltas.

Durante esta xornada 4 profesionais da industria nos explicaron cales eran os diferentes procesos que se levaban a cabo no festival dentro dos seus ámbitos. Raquel Seijo, a promotora do festival, e xerente de Sweet Nocturna, nos amosou cada unha das partes que conforman o propio espazo e, entre outras cousas, desveolu cales eran os procesos para programar a unha artista nun festival, como se poñen en contacto os festivais coas artistas, cales eran os pasos necesarios para poder facer realidade un evento destas características…

Por outra parte Patricia Martínez e Isabel Insua, encargadas da comunicación do festival, estiveron contándonos como hai que afrontar este ámbito na actualidade, onde as redes socias teñen un peso determinante, para poder conseguir que o festival chegue ó maior número de persoas posible. Ademais, Carolina Ojea nos brindou unha extensa explicación de cómo levar a cabo e coordinar todos os aspectos relacionados coa producción e hospitalidade dentro do evento.

RAQUEL
Raquel Seijo, xerente de Sweet Nocturna
mentoras_nigran
Patricia Martínez, Carolina Ojea e Isabel Insua

A visita foi redonda xa que as distintas mentorizadas e artistas puideron subirse ó escenario do festival mentres se estaban realizando os últimos axustes antes do inicio do evento. Alí, o equipo encargado, lles amosou como funcionaba toda a parte técnica do mesmo e o importante que é para unha artista ter coñecemento de todos eses elementos.

Ademias, ó rematar esta bonita xornada coincidimos coa presidenta de Deputación, Carmela Silva, e puidemos disfrutar do concerto do artista galego Grande Amore.