Eva Pico, mentorizada da I Edición de Descúbreas, súmase ao cartel do Atlantic Fest

Compartir

O Atlantic Fest de Vilagarcía de Arousa confirmou recentemente no seu cartel a Eva Pico, unha das oito rapazas mentorizadas da I Edición de Descúbreas.

Descúbreas é un proxecto de apoio e impulso ao talento musical feminino promovido pola Deputación de Pontevedra, que cada ano acompaña a 8 rapazas seleccionadas por un xurado profesional a través dunha convocatoria pública nos seus primeiros pasos na música, por medio dun programa de mentoring no que teñen acceso a mentorías con mulleres referentes da industria musical, a gravación dun tema propio nun estudio profesional e a realización dun videoclip.

Eva Pico actuará o domingo 17 de xullo no escenario Paco & Lola. Non perdas a oportunidade de descubrir a esta novísima e talentosa artista, que ademáis de contar cunha elegante e potente voz,  é clarinetista, trompetista e compón ao piano. 

Faite coas túas entradas para o Atlantic Fest premendo no botón:

 

Aquí podes ver a canción e videoclip que produciu durante o Programa de Mentoring: