“ExNovo” é o novo traballo da galega BFlecha. Este álbum consta de 12 cancións escritas e producidas pola artista, con Mwëslee como co-produtor.
Neste novo traballo BFlecha creou un universo repleto de filosofía, ciencia e poesía. “Exnovo” é unha reivindicación do baleiro e do silencio, un espazo onde deixar de contar, un lugar onde os algoritmos foron abolidos para recuperar a atención e escoitar cos ollos pechados. É unha maneira de buscar e atopar unha nova maneira de estar no mundo.
A artista escribe:
“¿Cómo llegamos hasta aquí?
¿Qué significa tener éxito en una civilización que ha fracasado?
Tener éxito es fracasar con ella.
El único triunfo es intentar imaginar los mejores mañanas posibles,
renunciar para que otro exista,
encontrar una nueva manera de estar/ser en el mundo,
tener presente la utopía como destino en el horizonte,
aunque nunca lleguemos…
Reivindicar el vacío y el silencio,
dejar de contar, abolir el algoritmo,
recuperar la atención y escuchar con ojos cerrados
para soñar otra vez.
ExNovo, de nuevo, otra vez, de otra manera…”
Mentres podedes gozar dun dos temas do novo traballo de BFlecha.
Coñeces a BFlecha?
Belen Vidal é BFlecha, unha produtora, Dj e vocalista afincada en Vigo. A galega empezou este proxecto en 2010, e desde os seus comezos pasou por diferentes estilos e formacións. Tocou en festivais de toda España como Sónar, pero tamén en Portugal, Alemaña e Reino Unido. Nas súas composicións atopamos pop, r&b dixital e hip hop mesturados con músicas máis tradicionais.