Festivala

“Festivala, Mulleres Creando” lanza o cartel da súa edición 2021

“Festivala Mulleres Creando”, o festival de Vilagarcía de Arousa creado como reivindicación do talento creativo feminino, acaba de lanzar o cartel da súa nova edición, que terá lugar entre os días 18 e 19 de setembro de 2021. A cantautora gaditana A Mare xunto a María Ruíz, a voz feminina do reggae galego, High Paw, a banda madrileña Tongo e as especialistas en covers De Vacas conforman o cartel de concertos, aos que se sumarán actividades como talleres, exposicións ou cinema.

A entrada é gratuíta con reserva anticipada e aforo limitado. Descubre xa as propostas musicais que soarán en Festivala este 2021!: