O próximo 29 de agosto MTV España estreará o documental “Amy Winehouse & Me: Dionne´ s Story”, un filme que afondará na figura da inesquecible Amy Winehouse, convertida xa nunha das grandes iconas da música do século XXI.
O documental, realizado por Andy Mundy- Castle, está contado a partir das vivencias persoais de Dionne Bromfield, afillada da artista. Unha hora de material exclusivo que mostrará a estreita relación entre ambas. En palabras de Dionne: “Espero que este documental mostre a Amy como algo máis que unha persoa que loitou contra a adicción e, ademais, mostre á incrible persoa que era a miña madriña”.