Descúbreas no Festival SinSal

Share on facebook
Share on whatsapp
Autora: Olalla Lojo

Se hai un festival diverso, sostible e diferente en Pontevedra, ese é, sen dúbida, o Festival SinSal. Por iso, cando o pasado mes de xullo o seu director invitou o equipo de Descúbreas a participar nel non puidemos alegrarnos máis. En SinSal teñen claro que a sostibilidade é un motor de cambio nos ámbitos social, medioambiental e económico. Por iso, no festival coidan aspectos coma o protagonismo das mulleres no persoal traballador e no cartel artístico, a eliminación de plásticos, a diversidade e a utilización de produtos ecolóxicos e locais na oferta gastronómica. Ademais, reutilizan materiais e ofrecen propostas de transporte compartido.

Autora: Olalla Lojo

Así mesmo, organizan mesas nas que lle presentan ao público iniciativas que se realizan en todo o mundo para acadar eses cambios sociais, medioambientais e económicos. Durante os días do festival, do 23 ao 25 de xullo, e baixo o nome de “Localizar e deslocalizar”, SinSal acolleu as mesas redondas Cultura e Cooperación para o Desenvolvemento Rural, Os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) nos Festivais Internacionais e Mulleres na Cultura Internacional. De Oslo a Beirut. É nesta última onde Descúbreas se lles presentou ao público de SinSal e ás compañeiras na mesa, que son: Amani Seeman, a promotora do programa Beirut and Beyond Festival co que esperamos poder colaborar nun futuro, e Sandrine Crisostomo, promotora do primeiro festival de cine feito por mulleres en Chile.

Autora: Olalla Lojo

O encontro foi precedido do discurso da presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, que estivo acompañada pola deputada de Turismo, Ana Laura Iglesias. Este espazo para compartir experiencias que buscan un futuro sostible e máis xusto a través da cultura e a arte conta co apoio do programa PICE de Acción Cultural Española.

Leticia Rey en el Festival SinSal

Ademais, Descúbreas estivo presente nesta edición do Festival SinSal doutra forma. Grazas ao grupo de profesionais da nosa plataforma, a organización do evento coñeceu e contactou con Leticia Rey para que actuase o venres. Ela é unha cantautora galega que desde os 11 anos está entregada ao estudo da música: solfexo, piano, guitarra, harmonía, e máis recentemente, voz e canto. A súa música é luminosa e mística, entre o onírico e o real, e inspira melodías que se moven entre o indie e o folk.

Autora: Olalla Lojo

Deixa unha resposta

Mais artigos sobre...
Mais artigos sobre...
categoria industria musical
Industria musical
categoria hazlo tú misma
Faino ti mesma
categoria miscelanea
Miscelánea

QUE FACEMOS
Feitos destacados

NOVAS
Actualidade musical

VÍDEOS
Inspírate co que está a soar nas redes

ENTREVISTAS
Historias en primeira persoa

VIDEOTUTORIAIS
A un clic do que necesitas saber sobre música

FORO
Resolvemos as túas dúbidas, envía a túa consulta!

MENTORING
Programa de mentoría musical

AXENDA
Os eventos que non podes perder

DIRECTORIO
Artistas, sonidistas, axencias, escolas…