Guadi galego

Guadi Galego, galardoada co “Meninas” polo seu compromiso coa igualdade

Guadi Galego acaba de ser galardoada co Premio Meninas polo seu compromiso coa igualdade “utilizando a arte como transformación social e vehículo no seu compromiso contra a violencia machista.”
 
Os Premios Meninas son outorgados pola Delegación do Goberno en Galicia e concedidos a persoas ou entidades que destacasen a nivel autonómico e/ou provincial na loita contra a violencia de xénero con motivo do 25N, día internacional pola eliminación da violencia sobre a muller.
 
A artista galega comparte esta distinción coa Federación de Asociacións de Mulleres Rurais de Galicia (Fademur), o Foro Feminista de Lugo, Xeracción Sociedade Cooperativa Galega e Pomba Rodríguez a título póstumo.
 
Desde Descúbreas enviámoslle nosos parabéns por este merecido galardón, e agradecémoslle o seu compromiso nesta loita tan necesaria pola igualdade.