Woyzamartin

Wöyza, gañadora do Premio Martín Códax 2021 na Categoría de Músicas Urbanas

Wöyza foi mentora na Primeira Edición do Programa de Mentoría de Descúbreas

A artista, compositora, produtora e mentora da primeira edición de Descúbreas, Wöyza, acaba de proclamarse gañadora ao Premio Martín Códax 2021 na categoría de Músicas Urbanas.  A artista recolleu o premio este pasado mércores 27 de outubro no Pazo da Cultura de Pontevedra durante unha emotiva gala que reivindicou unha vez máis o apoio ao sector da música e a cultura.
 
En palabras de Wöyza: “Estou moi orgullosa dá familia galega de músicos/ as que somos, e que estamos construíndo e exportando”. Outras artistas galegas como A Banda da Loba, MJ Pérez, Allova, Caamaño & Ameixeiras ou María Toro alzáronse co galardón nas categorías Pop e Indie, Cantautora, Electrónica, Folk e Jazz e Músicas Improvisadas respectivamente.

Wöyza está actualmente ultimando os detalles do que será o seu novo disco, mentres traballa noutros proxectos musicais como Wöyza & The Galician Messengers, un proxecto de fusión de música tradicional, gospel, soul, hip hop e baile onde exerce de directora artística e voz principal xunto a outras mulleres galegas como High Paw ou a coreógrafa e bailarina Yara.
 
Parabéns Wöyza desde Descúbreas por este merecido recoñecemento!