Leticia Rey

Leticia Rey lanza o seu EP debut

O esperado EP debut da artista galega Leticia Rey, gañadora do Concurso Sons Mans 2020, xa está aquí.
 
“Once Again”, “Tal vez”, “Orange Orange Light” e “Waning Moon” son catro acústicos e introspectivos temas cunha historia propia detrás que dan forma a este primeiro traballo gravado nos Estudos Mans.  En palabras da propia artista: “Cada un dos temas que incluín aquí ten unha máxica historia que o envolve, e está impregnado do momento e o lugar da súa creación. Isto é un belisco da miña viaxe”.
 
A artista Catalina Méndez Abad foi a encargada do artwork do EP.
 
Descubre xa como soa o EP homónimo de Leticia Rey: