LITTLE_MIX

Little Mix estrea “Love (Sweet Love)”

As británicas Little Mix acaban de estrear “Love ( Sweet Love”), o primeiro adianto do que será o seu novo disco de estudio, “Between Us”, que verá a luz o próximo 12 de novembro. O álbum estará formado polos seus mellores hits xunto a varios temas inéditos.

“Love ( Sweet Love)” fala sobre o amor propio, e o seu coidado videoclip dirixido por Samuel Douek acaba de ser estreado. O vídeo contou co potente traballo da artista floral Hannah Bowles, ao que se une unha coreografía de Kloe Dean e Little Mix ocupando os seus tronos a modo de raíñas. Non o perdas!